Andrew Haydon Park
Coordenadas: 45°21′08″N 75°49′14″O / 45.3523, -75.8205
O parque Andrew Haydon é un parque situado no río Ottawa, nos arredores da cidade de Otava, a capital do Canadá.
Espazos
[editar | editar a fonte]Concertos
[editar | editar a fonte]O parque conta cun palco onde é habitual celebrar concertos ao vivo e céilís.
Áreas infantís
[editar | editar a fonte]En 2017 inauguráronse novas áreas infantís dentro do recinto do parque, que custaron aproximadamente 365.000 dólares canadenses.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Problema dos gansos
[editar | editar a fonte]Historicamente, os cans estaban prohibidos no parque e no veciño parque de Dick Bell. En 2009, a cidade permitiu cans con correa como proxecto piloto dun ano. Isto fíxose para solucionar o "problema dos gansos" que era provocado polo exceso de gansos do Canadá que no verán excretaban por toda a herba e camiños.[2] Desde entón, esta norma foi prorrogada indefinidamente.
Normativa
[editar | editar a fonte]Están permitidos os cans con correa, pero está prohibido achegarse a menos de cinco metros de todas as zonas de xogo e piscinas infantís.
Fauna
[editar | editar a fonte]Ademais dos gansos do Canadá, patos, gansos de cabeza negra e limícolas tamén frecuentan o parque.[3]
Sucesos
[editar | editar a fonte]En 2013, un home duns 20 anos foi atopado ferido e espido no parque, o caso foi investigado pola policía.[4]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Gansos do Canadá no parque
-
Muíño de vento entre o Río Ottawa e un dos estanques do parque.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Choose shipshape or marine theme for Andrew Haydon Park playground". BramptonGuardian.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2022. Consultado o 2022-11-10.
- ↑ Ottawa East News (9 de abril de 2009). "Dogs to be allowed in Andy Haydon Park (Permitidos cans no AHP)" (en inglés). Metroland Media Group Ltd. Consultado o 3 de decembro de 2016.
- ↑ "Dogs in parks (Cans nos parques)". City of Ottawa. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2016. Consultado o 3 de decembro de 2016.
- ↑ "Man found naked and injured in Ottawa park" (en inglés). 2013-11-18. Consultado o 2021-05-28.